Saturday 18 de May de 2024

Carral celebra o Día Mundial da Poesía cunha homenaxe a Uxío Novoneyra


Os alumnos e alumnas do IES de Carral realizaron unha lectura de poemas do poeta e escritor.

A actividade está enmarcada, así mesmo, dentro do programa polo 25 aniversario do Certame de Poesía do Concello de Carral.

O Concello celebrou, esta mañá, o Día Mundial da Poesía cunha homenaxe a un Uxío Novoneyra. O acto tivo lugar, precisamente, na rúa de Carral que leva o mesmo nome, e correu a cargo do alumnado do IES de Carral, que leu varios poemas do autor e poeta.

Máis aló da xornada conmemorativa de hoxe, esta actividade celebrouse como parte do programa de propostas organizadas polo 25 aniversario do Certame de Poesía do Concello de Carral.

Á homenaxe acudiron membros do goberno local, os estudantes do instituto e o fillo do escritor, Uxío Novo, quen agradeceu a lembranza ao seu pai.